Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
TODOS

 

A ABE aposta pola unidade para facer fronte aos retos derivados da actual situación e pon en marcha unha importante campaña na que os socios e socias da patronal Boirense son os protagonistas.

 

Dende hoxe e durante tres meses os 12 rostros dos doce socixs que representan ao colectivo van a estar moi presentes na vida diaria dos veciñx de Boiro xa que coa primeira parte desta campaña serán 90 as pancartas que colocadas polas rúas de Boiro nos recordarán cal é a contribución de cada empresarix á nosa vida diaria.

 

Deste xeito as pancartas nos van contando de xeito moi persoal como entre todos xuntos facemos Boiro.

 Os protagonistas

 

  1. Manolo – Brico pestañas – 30 anos enmarcando os teus soños
  2. Ana Belén – Farmacia Ortopedia Torrente – 4 anos cerca de vos
  3. Alicia – Frutas Reyjosa – 50 anos sendo a túa horta
  4. Julia – Bives Tour – 10 anos cumprindo os teus soños
  5. Fernando – Inmobiliaria Mirabén – 15 anos atopando teu lugar
  6. Lucía – Autos R. Outeiral – 75 anos sumando kms xuntos
  7. Angel – Cetarea A. Mar – 22 anos achegando sabor
  8. Oscar – España y Fernandez – 42 anos construíndo fogares
  9. Suso – 27 anos facéndote bailar
  10. Jesús – 11 anos compartindo xantares
  11. Gerardo – 42 anos fasquiando o futuro
  12. Alex- Deportes SR balón – 39 anos manténdote en forma

 

Parte online

En paralelo á parte física existe unha parte online na que ademais das publicacións en redes e web das fotografías dos protagonistas lanzaremos un vídeo que ao igual que as fotos, foi elaborado por A Fiestra Fotografía que será o punto forte da parte mais dixital da campaña.

 O vídeo xira en torno á interconexión da vila e os seus habitantes co comercio e empresas que lle dan vida e que se lanzará a finais deste mes.

A campaña está financiada pola Deputación de A Coruña e colabora o Concello De Boiro